Zona Aberta acudíu a unha reunión informativa convocada pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo do Xunta de Galicia. Foi o luns 10 de febreiro no salón de actos da Escola Galega de Administracións Pública EGAP, en Santiago de Compostela.
Nesta reunión avanzouse información sobre a Orde que se publicará no DOGA, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia.
Estas medidas enmárcanse no Plan estratéxico do comercio 2025-2030, que estará rematado este primer trimestre do 2025, e co que a Xunta busca garantir o futuro dun sector prioritario para a economía e o emprego.