ZONA ABERTA, FINALISTA NOS PREMIOS DO COMERCIO GALEGO
O mércores, acudimos á gala dos premios do Comercio Galego convocados pola Xunta de Galicia, como finalistas na categoría Premio Dinamización 2024.
Ainda que non podíamos revelalo ata a data, en novembro recibimos o fallo do xurado -"Logo de supervisar e valorar todas as candidaturas presentadas, comprácenos comunicarlle que a súa candidatura resultou unha das tres finalistas na categoría Premio Dinamización 2024"
Resultar finalistas a nivel Galicia reforza o noso compromiso e ganas de seguir traballando a prol do comercio e hostalería local. E que a nosa asociación sexa valorada a nivel autonómico é ademais un honor e un foco de promoción que agradecemos.
Na gala, resultou premiado o noso socio Vicente Abalo, do comercio Ventos (Titos), na categoría Premio Comercio Traxectoria, polo que a nosa alegría polo seu éxito co premio, mais que merecido, reforza o dito anteriormente: Traballar polo comercio e hostalería, pola economía local en Vilagarcía, e como sempre na nosa longa historia -este ano cumprimos 30 como asociación- o noso compromiso de seguir facendo cidade.
#Xunta #VilagarcíadeArousa #comerciolocal #hostalería #zonaaberta
https://www.diariodearousa.com/articulo/vilagarcia/vilagarciano-vicente-abalos-titos-ventos-premio-xunta-comercio-trayectoria-5096302