8M Día Internacional da Muller

O alumnado do Colexio Filipenses de Vilagarcía coñece de primeira man o papel das mulleres traballadoras na sua contorna 

O Día Internacional da Muller conmemora a loita das mulleres por eliminar toda forma de discriminación, independentemente da súa forma ou condición, en calquera ámbito da vida e, singularmente, nas esferas política, civil, laboral, económica, social e cultural.

A súa orixe está nas manifestacións e protestas protagonizadas polas mulleres desde comezos do século XX, en especial, en Estados Unidos e en varios países de Europa, que reclamaban o dereito ao voto, mellores condicións laborais e salariais e a igualdade entre mulleres e homes.

Que mellor maneira que mostrar ao alumnado o traballo diario das mulleres que forman parte da sua contorna. Hoxe 8M, e en próxios días, visitarán os diferentes establecementos de Zona Aberta e da Praza de Abastos para ver, escoitar, preguntar e aprender o papel fundamental da muller na sociedade.




Fotos