Cóntanos a historia máis divertida co teu pai!
Concurso con Zona Aberta. Premio 200€ en vales de compra
CANCELADO POLA CUARENTENA DO COVID-19A historia con máis likes gañará un valde compras por un importe de 200€ para gastar nos comercios asociados a Zona Aberta,
Recolle e entrega o teu folleto nos comercios locais asociados a Zona Aberta. Nós publicaremos a túa historia no Facebook para que consigas moitos, moitísimos likes.
- Recolle e entrega o teu folleto coa túa historia co teu pai más divertida nos comercios locais asociados a Zona Aberta antes do 17mar
- Subimos ao Facebook de Zona Aberta todas as historias para votar con likes do 18mar ao 24mar
- Pulsa like. A historia con mais likes gañará un vale de compra de 200€
Estará vixente dende as 00.00h do 7 de marzo ata as 23.59h do 24 de marzo.
Como participar?
Para participar no concurso de historias #OMEUPAI tan só tes que entregar nos comercios locais asociados a Zona Aberta a tua historia máis divertida co teu pai, escrito no folleto que poderás recoller nos mesmos comercios- O prazo para entregalo remata o día 17 de marzo inclusive.
Todas as historias serán publicadas no Facebook de Zona Aberta -ocultando os datos persoais- e serán votadas dende o 19 de marzo ata o 24 de marzo, inclusive. Tras este tempo resultará premiada a historia con mais likes acumulados.
Premio
A historia con mais likes conseguidos no facebook oficial de Zona Aberta (e so nesa páxina) recibirá un vale de compras por importe de 200€ para gastar nos comercios asociados a Zona Aberta. O premio será 200€ en vales compra para gastar nos comercios asociados.
Participantes
No concurso poden participar todas aquelas persoas físicas, que entreguen a súa historia nos comercios asociados durante o período da campaña (ata o 17/03/2020). Poderán votar todas as persoas que queiran dende os seus perfís na rede social Facebook, dende o 19 ata o 24 de marzo
Comunicación do gañador
O gañador será anunciado no muro oficial de Facebook da Asociación de Comerciantes Zona Aberta o día mércores 25 de marzo.
Unha vez publicado o gañador poñerase en contacto por teléfono ou a través do propio Facebook cunha mensaxe privada para notificar a súa identificación. Dispoñerá dun prazo de 5 días para facelo. De non ser así entendemos que renuncia ao premio por tanto, o premio quedaría deserto.
Desvinculación con respecto a Facebook
Facebook non patrocina, avala nin administra de modo algún esta promoción, nin está asociado a ela.
Cesión de datos
A participación no presente concurso implica o permiso por parte de cada participante e, para os efectos do artigo 12 e seguintes do Regulamento da Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal ( R.D. 1.720/2007 do 21 de decembro) a favor da asociación de comerciantes Zona Aberta para o tratamento dos seus datos para as seguintes finalidades: - Para a participación e entrega do premio do presente concurso. - Devanditos datos integraranse nun ficheiro automatizado cuxo responsable e titular será a asociación de comerciantes zona aberta e trataranse conforme ás disposicións da Lei Orgánica de Protección de Datos de carácter persoal.
A organización resérvase o dereito para realizar calquera modificación que sexa necesaria para o bo fin do sorteo.