Campaña #MorriñaDeTi


A Asociación Galega de Xerentes de CCAS entre as que están Zona Aberta Vilagarcía de Arousa, Cambados, Sanxenxo e O Grove pon en marcha, desde o 1 ao 12 de abril, unha campaña de promoción comercial denominada,
“A  MORRIÑA NON TEN BRAZOS PERO APERTA O CORAZÓN”, cos obxectivos de:

  1. Dar a coñecer esta nova asociación formada polos xerentes de Centros Comerciais Abertos e Urbanos de Galicia. 
  2. Recordar aos nosos clientes que o comercio local está ao seu carón, nestes momentos duros e seguirá estando cando entre tod@s venzamos ao Covid-19. 
  3. Premiar a fidelidade dos clientes do comercio de proximidade, transmitindo unha imaxe de unidade do noso tecido comercio.  

Para participar nesta campaña as persoas interesadas deberán acceder á conta de facebook da Asociación e buscar o post do concurso. A participación é moi sinxela, xa que só haberá que compartir o post de maneira pública, facer un comentario indicando o que botan de menos do comercio local cun texto, debuxo, foto ou video e inidicar a poboación onde lles gustaría comprar no caso de gañar un dos vales compra. (Adxuntamos bases completas e cartel da campaña)

Tod@s aqueles que participen, entrarán no sorteo de 27 vales compra de 50€, un por cada CCA que participe na campaña, que se poderán gastar nos establecementos asociados.

BASES DA CAMPAÑA #MORRIÑADETI


1. A ASOCIACION GALEGA DE XERENCIA DE CCAS organiza a - campaña de promoción comercial A MORRINA NON TEN BRAZOS PERO APERTA O CORAZON co obxectivo de dar a coñecer a asociación, recordar ao clientes que o comercio local estamos e estaremos neste momentos duros, dar imaxe de unidade do comercio local así como premiar aos clientes dos nosos comercios.

2. Para participar os interesados deberán acceder a conta de facebook da asociación e buscar o post do concurso. Nese post deben:

  • a) Compartilo de maneira pública. 
  • b) Facer un comentario indicando que botan de menos do comercio local cun texto, debuxo, foto ou vídeo. 
  • e) Indicar a poboación, onde lles gustaría gastar o vale.

3. Só se tera en conta un comentario por participante (de haber máis dun, só será válido o primeiro)

4. Pódese participar entre o 1 e o 12 de abril.

5. A Asociación non fará entrega do premio se observa calquera signo ou indicio de fraude (A mera sospeita será suficiente para facultar á organización a descalificación)

6. Finalizado o prazo a Asociación, a través das asociación adheridas e participantes, porase en contacto cos gañadores ou gañadoras

7. O sorteo terá lugar o luns 13 de abril.

8. Sortearase un vale de compra de 50 € por cada localidade (entre os comentarios válidos e que conteñan o nome de localidades participantes).

9. O premio serán 27 vales de compra de 50 € para utilizar, cada un deles no correspondente CCA, e unicamente nos establecementos asociados, para iso cada asociación entregará un listado ao gañador con indicacións detalladas do uso dos vales.

10. As bases e a relación de premiados tarase pública nas redes sociais.

11. A participación na campaña supón a aceptación das bases asi como a autorización dos premiados a utilizar a súa imaxe aos efectos de publicidade dos resultados da campaña.

12. A organización reservase o dereito de modificar ou cancelar o concurso ou as presentes bases, sen incorrer en ningunha responsabilidade trala previa comunicación pública das posibles incidencias.